publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Expertos de 14 universidades iberoamericanas debaten no Pazo de Mariñán sobre os novos retos do Dereito Administrativo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBergondoLocal Portada
A-
A+

Preto dun centenar de expertos en Dereito administrativo de catorce universidades de España, Portugal, Arxentina, Nicaragua, Uruguay, Costa Rica, Venzuela, México, Colombia, Arxentina e Brasil participan durante este semana no Pazo de Mariñán (Bergondo) na IX edición das xornadas de Dereito Administrativo Iberoamericano, que está mañá foron inauguradas polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, o presidente da Asociación Internacional de Dereito Administrativo, Libardo Rodríguez e o catedrático da UDC e organizador do simposio, Jaime Rodríguez-Arana.

O presidente da Deputación deu a benvida aos asistentes e afirmou que as xornadas “son unha mostra do dinamismo socioeconómico desta provincia”, dado que durante os vindeiros cinco días o Pazo de Mariñán acollerá numerosas ponencias de prestixiosos especialistas, “o que nos convirte na capital do Dereito administrativo iberoamericano”.

González Formoso destacou a longa traxectoria de colaboración entre a Deputación e a UDC para a organización deste evento académico, que este ano chega á súa novena edición, e anunciou que a institución provincial seguirá apoiando iniciativas como esta, que axudan ao intercambio de coñecementos entre ambos lados do Atlántico e que buscan “unha maior eficiencia da administración da que se beneficia o conxunto da sociedade”.
Pola súa banda, o reitor da UDC, Julio Abalde, destacou que a institución académica coruñesa conta dende hai tres anos cun programa de doutorado internacional na materia “do que estamos moi orgullosos e que nos proxecta ao mundo iberoamericano” e gabou “o apoio que a Deputación da Coruña presta a moitos proxectos necesarios para a UDC”, entre os que destacou a futura residencia pública universitaria.

O director das xornadas, o catedrático Jaime Rodríguez-Arana, afirmou que o encontro ocupa xa “un lugar senlleiro e central no Dereito administrativo iberoamericano” e que serve para “estreitar lazos e relacións académicas” e “compartir reflexións e ideas”.

Segundo explicou Rodríguez-Arana, as xornadas vertebranse en tres eixes fundamentais: as boas prácticas na administración, a ordeación do territorio e a contratación administrativa.

As xornadas comezaron cunha ponencia do profesor e exreitor da UDC José Luis Meilán Gil sobre “Dereito administrativo revisado”, seguida dunha mesa redonda sobre “Novas perspectivas da contratación pública” na que participou o xefe do servizo de Contratación da Deputación, Luis Jaime Rodríguez e os expertos Manuel Paolino, da Universidade de Montevideo, e Francisco Tolsa, da Universidade de México.

Pola tarde os profesores Juan Carlos Morón (Universidade de Perú), Pablo Schiavi (Universidade de Montevideo) e Claudia Viana (Universidade do Minho-Portugal) debaterán nunha mesa redonda sobre o control da contratación pública e o profesor Román Duque (Universidade Católica Andrés Bello de Caracas-Venezuela) disertará sobre “Participación cidadá e boa administración”.

Ao longo da semana analizaranse aspectos como a dimesión social do dereito administrativo, a constitucionalización do dereito á boa administración, os mecanismos de control da administración pública ou o populismo e o principio de xuridicidade do Dereito Administrativo.

O mércores 16 de marzo, ás 17.30 horas, terá lugar, no marco da celebración destas xornadas, a presentación do libro “Dereito administrativo iberoamericano”.

14 de marzo de 2016 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.