publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta construirá unha senda peonil na travesía de Orro co fin de incrementar a seguridade viaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNoia
A-
A+
Ethel Vázquez na reunión co alcalde de Noia

Ethel Vázquez na reunión co alcalde de Noia

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, avanzou hoxe a execución dunha senda peonil na travesía de Orro, destinada a incrementar a seguridade viaria na zona. Así o dixo a conselleira de Infraestruturas na xuntanza de traballo que hoxe mantivo co alcalde de Noia, Santiago Freire, e outros membros da corporación, coa fin de establecer canles de colaboración en beneficio dos veciños da vila.

Vázquez explicou que se trata dun itinerario peonil que na súa primeira fase terá uns 400 metros e proporcionará maior seguridade viaria aos veciños da vila grazas ao investimento de máis de 60.000 euros por parte do Goberno galego.

Nesta reunión, a conselleira tamén avanzou a execución dun carril central no cruce da Barquiña, no acceso ao centro comercial, co propósito de incrementar a seguridade viaria.

Ademais, a titular de Infraestruturas tamén lle manifestou ao rexedor de Noia o compromiso do seu departamento para continuar avanzando no proxecto da nova estrada que comunicará o leste da vila de Noia e Portobravo,en Lousame, co enlace de Sampaio do Corredor que chega ata Brión e Santiago.

28 de marzo de 2016 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.