publicidade hoxe

Suspéndese o desfile-concurso de Entroido en Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

Ante as adversas previsións meteorolóxicas para a xornada de hoxe, con ceos anubrados e precipitacións intensas, o Concello de Tui, tras consultar coas comparsas participantes, decidiu suspender  a celebración do desfile-concurso de Entroido previsto para esta tarde na cidade.

Mañá ás oito da tarde o Concello reunirase coas comparsas inscritas no desfile-concurso para acordar unha nova data de celebración, ante as previsións de choiva que a día de hoxe hai para este sábado.

8 de febreiro de 2016 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.