publicidade hoxe

Ribadumia organiza unha xornada informativa sobre prevención de drogas dende a familia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia, a través dos Servizos Sociais, acollerá mañá unha xornada informativa sobre “Prevención de drogas dende a familia. Pautas, factores de risco e protección” que será impartida pola psicóloga do SPAD de Vilagarcía, Ángeles Bravo Pombo.

Tendo en conta que a media no consumo de alcol e drogas está ao redor dos 14 anos, tal e como aseguran os técnicos do SPAD de Vilagarcía, é moi importante que os pais e nais conten coas ferramentas necesarias para saber cómo actuar ante esta problemática, xa que o papel da familia é fundamental e é na familia onde se adquiren os hábitos e comportamentos que influirán no futuro dos fillos/as. É por iso que dende os Servizos Socias do Concello de Ribadumia ven de vital importancia que os pais e nais estean ben informados nesta materia e esperan unha alta participación por parte dos veciños de Ribadumia e interesados.

A charla vai dirixida a pais e nais e terá lugar mañá 4 de febreiro ás 20:00 horas no Centro Social de Barrantes.

Os interesados en asistir aínda están a tempo de inscribirse mañá nos Servizos Sociais do Concello ou no 986718491. A entrada é libre.

Esta actividade enmárcase dentro do convenio que mantén o Concello de Ribadumia co SPAD e polo cal se desenvolven diferentes actividades ao longo de todo o ano.

3 de febreiro de 2016 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.