publicidade hoxe

O paseo marítimo de Xuvia dispón dun Circuíto Vita onde realizar diferentes prácticas deportivas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

O paseo marítimo de Xuvia dispón dun Circuíto Vita, executado con cargo aos orzamentos de 2015, e destinado á práctica do deporte ao aire libre. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, explicou que se elixiu unha zona próxima ao parque infantil alí ubicado, para proceder á instalación dun total de quince elementos nos que se poden facer diferentes exercicios. A empresa Arce foi a adxudicataria dos traballos, que supuxeron ao goberno local un investimento de 8.399,99 euros. Os concelleiros de Servizos e Deportes, Ibán Santalla e Román Romero, respectivamente e a primeira tenente de alcalde, Marián Ferreiro, desprazáronse ata o paseo de Xuvia para comprobar os resultados desta intervención.

Os elementos, construídos en madeira –un acabado natural acorde co entorno-, dispoñen dun pequeño panel informativo cun debuxo no que se explica o fin de cada un deles. Os usuarios e usuarias poderán realizar prácticas deportivas en barras fixas e facer exercicios como abdominais, sentadillas, lumbares, flexións e salto de altura, entre outras múltiples posibilidades que ofrecen os novos elementos instalados en Xuvia. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, valorou a actuación realizada, en canto que, dixo, “permite ofrecer novas actividades á veciñanza para desenvolver ao aire libre nunha ampla zona verde como é o paseo de Xuvia, con áreas de xogo e exercicio para persoas de diferentes idades”.

O Circuíto Vita do paseo de Xuvia súmase ao parque biosaudable alí ubicado desde hai varios anos e tamén aos diferentes elementos de xogo colocados para os nenos e nenas. O de Xuvia é o segundo Circuíto Vita instalado no termo municipal naronés, ao localizarse outro no Couto, nas inmediacións do local social da Picota, tal e como recordou o edil de Servizos.

O concelleiro naronés asegurou que o goberno local ten previsto continuar apostando por ampliar a oferta lúdica e deportiva en Xuvia, coa construción dunha pista multideporte na que se poderán realizar diversas actividades.

O termo municipal de Narón dispón de 79 novas zonas axardinadas, o que representa unha superficie total de 278.574 metros cadrados. O investimento realizado nos últimos catro anos nesta área ascendeu a 105.976,22 euros, unha cantidade que permitiu realizar traballos como o axardinamento e o parque infantil en Gándara Park (na Gándara); o axardinamento das rúas Italia, Virxe de Covadonga, acceso á autopista e o novo local social da Solaina (no Alto, A Solaina e Freixeiro); a dotación de zonas verdes en Finca Permuy (Solaina), na pista polideportiva da Solaina e na Finca de Arzúa (Solaina) e outras como a dotación de zonas verdes en Armada Española (Solaina), a dotación de céspede artificial na Cachaza (Piñeiros) e dunha zona verde en Finca Federica (na Solaina).

Unhas das últimas actuacións levadas a cabo o pasado ano foron o axardinamento da parcela a carón da rúa Clara Campoamor, cunha superficie de 2.050 metros cadrados e un investimento de 9.700 euros e o realizado nas viviendas para mozos -ó carón da rúa Álvaro Cunqueiro- de 650 metros cadrados, o que supuxo un desembolso de 6.692,63 euros.

2 de febreiro de 2016 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.