publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O DOG publica o traspaso ao Concello de Teo dos terreos dedicados a áreas de descanso na vía que une Santiago e A Estrada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o cambio de titularidade dos terreos dedicados a área de descanso na estrada Santiago de Compostela (SC-11)-A Estrada (AC-841), a prol do Concello coruñés de Teo (http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160210/AnuncioG0423-020216-0001_gl.html). Esta cesión foi aprobada polo Consello da Xunta o pasado xoves, día 21 de xaneiro.

Destacar que o Concello de Teo solicitou á Consellería de Infraestruturas e Vivenda o cambio de titularidade dos terreos situados no punto quilométrico 3+380 da estrada AC-841, co obxecto de dedicar os ditos bens públicos a fins de interese social.

O cambio tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que establece que deberá ser aprobado por decreto da Xunta, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Tal e como indica a normativa, corresponderanlle ao Concello de Teo, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación dos terreos, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra como nova Administración titular.

10 de febreiro de 2016 | 13:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.