publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Economía, Emprego e Industria destina medio millón á mellora da competitividade do parque empresarial de Boiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, no labor de cooperación que desenvolve cada ano coas administracións locais, está a colaborar cos concellos na habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresarias galegos. Neste contexto, e tal e como resaltou o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, durante a súa visita ao Parque Empresarial de Espiñeira, a través deste programa téñense destinado, desde o 2009, preto de medio millón de euros ao impulso de distintas actuacións no polígono de Boiro contribuíndo á mellora da súa competitividade.

Deste xeito, explicou Bernardo Tahoces, facilitouse a mellora dos accesos e dos viais do parque empresarial e na implantación dun sistema de videovixilancia, mobilizando un total de 600.000 euros. Así, só no último ano destináronse preto de 240.000 euros á mellora do acceso ao polígono e á implantación dun sistema de vixilancia, achegando a Consellería o 80% do custo da actuación.

O director xeral de Enerxía e Minas, que estivo acompañado polo alcalde da localidade, Juan José Dieste Ortigueira, resaltou a importancia dunha orde que desde o 2009 ten permitido desenvolver na provincia máis dun centenar de proxectos que suman preto de 8,5 millóns en apoios, contribuíndo ao impulso da competitividade do tecido empresarial coruñés.

Neste contexto, Bernardo Tahoces salientou que está aberta unha nova convocatoria que suma preto de 4 millóns, podendo os concellos interesados presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 22 de febreiro. A liña achega, un ano máis, apoios de ata o 80% do custo subvencionable, cun máximo de 120.000 euros por solicitude. Así mesmo, permítese o pago de anticipos de ata o 25% da axuda concedida.

A través desta liña promóvense diferentes accións que abarcan á dotación de servizos centralizados de xeración e subministración de enerxía de cara ao aforro e a eficiencia no gasto enerxético, novas plantas de depuración de augas, xestión de residuos, vías de acceso aos parques empresariais, instalacións de sistemas de seguridade, ou sistemas contra o roubo de cables.

O obxectivo, como apuntou o director xeral, e facer accesible aos municipios a posta en marcha de actividades que aumentan a calidade do solo industrial, co obxectivo de mellorar as infraestruturas que se lle ofrecen ás industrias para que se instalen en Galicia xerando riqueza e postos de traballo.

19 de febreiro de 2016 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.