publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta remite aos concellos da área de Ourense o convenio do Plan de transporte metropolitano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmoeiroBarbadásColesO Pereiro de AguiarOurenseOurensePunxínSan Cibrao das ViñasToén
A-
A+

A Xunta remitiu aos concellos da área de Ourense o convenio consensuado do Plan de Transporte Metropolitano para que o aproben na primeira quincena de marzo nos plenos municipais co fin de tramitalo o antes posible e poida poñerse en marcha neste mesmo verán. Os municipios que integran a Área do Transporte Metropolitano de Ourense son Coles, San Cibrao das Viñas, Punxín, Barbadás, O Pereiro de Aguiar, Toén, Amoeiro e Ourense.

Así, o Goberno galego incorporou ao texto as consideracións achegadas desde os distintos municipios e traballa para que a posta en marcha este verán.

Neste Plan investiranse máis de 300.000 euros cada ano, dos que o 82% serán aportados pola Xunta de Galicia e terá importantes bonificacións, que permitirán que os veciños da área que empregan o autobús habitualmente teñan aforros medios de 600 euros ao ano. Se fan máis de 40 viaxes ao mes, máis barato e se son familias numerosas, increméntase o desconto. A isto pódense engadir as bonificacións sociais que os seus concellos desexen.

Sinalar como exemplo que un veciño de Ourense que se desprace ao polígono de San Cibrao das Viñas para traballar cada día no bus urbano e interurbano, pasará de pagar preto de dous euros e medio a só 0,72 euros do interurbano e o urbano é bonificado pola Xunta de Galicia, supoñendo un aforro anual de 840 euros.

De xeito complementario, á bonificación de tarifas, dende a Xunta continúase traballando noutros eidos de mellora como son a optimización das rutas e da penetración dos autobuses interurbanos, eliminando a necesidade de transbordos; o incremento da oferta e dos horarios; e a modernización dos sistemas de información ao viaxeiro e das infraestruturas.

Trátase dun plan integral de potenciación do transporte público de Ourense que suporá para os veciños beneficios sociais, medioambientais e económicos.

22 de febreiro de 2016 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.