publicidade hoxe

Mos investiu fondos que permitiron non descoidar os servizos sociais e públicos na recta final de 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

O Concello de Mos aprobou hoxe na sesión plenaria ordinaria do mes de xaneiro que se celebrou esta mañá no Pazo de Mos un importe de preto 480.717,03 euros que permitiu non descuidar os servizos sociais e públicos na recta final do pasado ano 2015.

Este case medio millón de euros foi para dar cobertura ás necesidades reais dos veciños e veciñas de Mos, tratándose nalgúns casos incluso de demandas veciñais propiamente ditas. Moitas delas consistiron na continuación por parte da administración local de obras iniciadas a través de plans promovidos por administracións supramunicipais (tal e o caso da estrada González Ballesta na parroaquia de Cela), tales coma asfaltados, melloras diversas en estradas, saneamentos (coma o acometido en Gándara por exemplo) e traballos de pintado urxente de viais, ou a acometida de beirarrúas baixo a ponte da autovía na Porteliña o pasado mes de decembro, obra urxida polos habitantes da zona.  Outra das obras non previstas foi o arranxo dunha fuga de auga na Biblioteca Municipal que, como é lóxico, tratouse dun traballo a todas luces imprevisto e inesperado. A este capítulo de Vías e Obras correspóndenlle 266.331,49 euros do total hoxe aprobado.

E é que nesta contía non hai ningún gasto que sexa superfluo, senón que todas e cada unha das facturas están debidamente xustificadas e tratáronse en todo caso de necesidades imperiosas e emerxencias impevistas ás que había que dar solución, tal e como explicaba esta mañá en Pleno a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.

Outro dos gastos non incluídos no orzamento de 2015 foi o aluguer dun vehículo para os operarios contratados a través dun Plan de Emprego da Deputación de Pontevedra, que representou un desenvolso imprevisible para as arcas municipais pero que había que facer paea que estes traballadores puidesen desenvolver o seu labor. 

Outro dos gastos contemplados corresponde ó Centro de Saúde “que por desgracia está a ser continuamente vítima de roubos e actos vandálicos con rotura de claraboias, portas e ventás, así como outros desperfectos que hai que subsanar sí ou sí”, declarou hoxe Arévalo.

En Benestar Social gastáronse tamén preto de 200.000 euros por riba do presupostado debido ó aumento de casos de persoas beneficiarias do Servizo de Axuda no Fogar que houbo que asumir, o programa Xantar na Casa, as axudas por Emerxencia Social, unha subvención a ASODIFISI (para pintado interior do seu centro en Torroso e para a renovación de persianas interiores no mesmo), melloras na Escola Infantil de Cototorrón, compra de mobiliario para o Centro de Día de Petelos, un obradoiro para Enfermos de Alzheimer, etc. Como se pode comprobar nada que se asemelle a despilfarro, gasto superfluo ou caprichoso, todo necesidades imperiosas para dar servizo ós colectivos municipais máis sensibles.

Tamén aquí se inclúen gastos imprevistos surxidos no mantemento das instalacións deportivas municipais, tales como a piscina e os pavillóns. 

Ademais o Concello de Mos quixo axudar a varias asociacións a finais do pasado ano 2015, para que non deixaran de cumplir o seu programa deportivo e/ou cultural por ter esgotado o seu orzamento. Así, a administración local financiou unha ambulancia para a ‘Quedada BTT’ de Pereiras, o autobús para que o Coro de Voces Brancas de Cela puidese ir a actuar a O Grove e tamén outro autocar para que a Coral Ventos do Val puidese acudir a un intercambio cultural en Santander.

Pregúntase neste sentido a alcaldesa onde se atopa o despilfarro do que a acusa o PSOE de Mos e pídelles sentido común ós socialistas mosenses, xa que, tal e como se pode comprobar, todas estas facturas pasaron os pertinentes procedementos legais, de contrato menor ou de contrato maior dependendo dos casos. 

Unha vez máis lamenta Nidia Arévalo a falla de coñecemento da xestión local por parte dos grupos da oposición, especialmente PSOE e GañaMos, dos que asegura “demostran o seu descoñecemento total e absoluto sobre a xestión económica das arcas municipais”. Ademais Arévalo reforza o seu argumento coa realidade da continuidade do descenso da débeda municipal, que desbanca toda crítica a este respecto. E é que a débeda do Concello de Mos continúa baixando de xeito que nun prazo de seis anos chegará a cero, gracias a tres medidas clave na xestión política de Arévalo: aprobar o orzamento para o novo exercicio económico sempre o ano anterior, pechar os exercicios con Remanente de Tesourería positivo e non realizar operacións de préstamo bancario.

Arévalo lamenta tamén que dende GañaMos teñen incluso a osadía de asegurar que estas facturas aprobadas hoxe en pleno foron “infladas” intencionadamente, unha afirmación que incurre na mentira e que implica unha acusación moi grave que podería ser denunciable.

A alcaldesa concluiu a súa intervención demostrando a total ausencia de despilfarro nestas facturas, que ademais corresponden a contratos realizados mediante procedementos “impecables”; e lembrándolles ós seus detractores que “a débeda de Mos continúa descendendo, aínda que lles pese”.

25 de xaneiro de 2016 | 19:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.