publicidade hoxe

Cotobade remata as actividades de Nadal cun Concerto de Panxoliñas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+

Este concerto de corais terá lugar este sábado día 09 as 19:00 no Local Multiusos do Concello. Nesta edición de Panxoliñas de Nadal, actuarán a Coral Valderrosa de Ponte Caldelas e a Coral Polifonica de Campo Lameiro. As agrupacions corais están dirixidas por Iván Gulín e Sonia Bouzada Pérez respectivamente.

O Alcalde do Concello de Cotobade invita a todos os desfrutar desta xornada musical como peche das actividades de Nadal, a entrada é gratuita e degustarase un ágape ao final da mesma.

Nesta xornada a Coral Valderrosa interpretará o seguinte repertorio:

– A run run meu neno

– Sombreiro de palla

– Signore delle sime

– Canción de cuna

– Adeste Fideles

Pola súa banda a Coral Polífonica de Campo Lameiro amenizará cos temas:

– Boliños do Pote

– Muradana

– Extiende la red

– Rosiña

– Boga– boga.

8 de xaneiro de 2016 | 13:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.