publicidade hoxe

Unha fazaña posible para o CD Burela FS Pescados Rubén

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O CD Burela FS Pescados Rubén pechará mañá a primeira volta cunha fazaña posible, con corenta minutos por diante para loitar por un gran premio. Desde a novena praza (18 puntos), o conxunto mariñán pelexará mañá por unha praza para a Copa de España Guadalaxara 2016 na pista do UMA Antequera, a partir das 21.00 horas (Fernando Argüelles, horario unificado). A Mariña poderá seguir en directo o encontro por streaming con LNFS Directo.

Estamos a un paso e todo é posible. Un gran galardón para os obxectivos burelistas. Xa o conseguimos unha vez, escribindo con letras de ouro na nosa historia un prestixioso debut na cita copeira en Cidade Real 2015. Esta pode ser a segunda.

O Burela FS Pescados Rubén tirará de ilusión e garra para cumprir cos seus deberes; facer seus os tres puntos na pista de UMA Antequera, penúltimo clasificado (6 puntos) e que ata agora non coñece a vitoria na casa. Aínda que non só depende do Pescados Rubén; despois haberá que esperar ao que ocorra co actual oitavo clasificado, DLink Zaragoza, que visitará o impoñente ElPozo Murcia con 1 só punto de vantaxe sobre os laranxas. 

Último adestramento

Despois da esgotadora viaxe desta noite, os de Daniel Ibañes terán hoxe día de descanso; o equipo mariñán realizará o último adestramento antes da gran cita mañá pola mañá. 

17 de decembro de 2015 | 20:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.