publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ribadumia acollerá o obradoiro “Violencia de xénero, o novo contexto dixital”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia acollerá o vindeiro luns 7 de decembro o obradoiro “Violencia de xénero, o novo contexto dixital”, dirixido para nais e pais interesados.

A charla, que será impartida pola psicóloga e técnica de formación Arrate Emaldi, centrarase no coñecemento e prevención das novas formas de violencia de xénero que xorden no contexto dixital: ciberviolencia de xénero, grooming, sexting…

Este obradoiro terá lugar o vindeiro luns 7 de decembro no Centro Social de Barrantes a partir das 20:00 horas e a entrada é libre sen previa inscrición.

O obradoiro tamén se impartirá no CPI Julia Becerra Malvar

Este mesmo obradoiro tamén se impartirá ós alumnos do CPI Julia Becerra Malvar o mesmo día pola mañá e a profesores e traballadores dos Servizos Sociais do Concello de Ribadumia.

2 de decembro de 2015 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.