publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O patio do Colexio Rosalía de Castro estará operativo mañá

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Logo de tres semanas intensas de traballo, a empresa contratada polo Concello para resolver o grave problema de seguridade existente no patio deste Colexio ven de rematar unha rehabilitación completa da fachada do edificio anexo coñecido como “edificio dos profesores” garantindo así a seguridade do mesmo.

Estas melloras supoñen que o espazo que se tiña pechado por razóns de seguridade poida ser reaberto para o seu uso a partires de mañá. Tan só quedará acotada unha pequena zona onde se atopa un colector de obra xa que se agarda que a empresa construtora tamén se faga cargo do pintado da fachada do propio colexio, completando así un “adecentemento” desta instalación que resultaba urxente. 

Lembramos que estas melloras e reparacións foron acometidas directamente polo Concello a pesares de que este non é titular do edificio dos profesores dado que a Consellería non se fixo cargo das mesmas. A rehabilitación da fachada non mellora as condicións de habitabilidade do edificio que está, hoxe por hoxe, en pésimas condicións. A este respecto seguiranse mantendo conversas co a institución titular do mesmo para valorar a súa posible cesión ao municipio.

2 de decembro de 2015 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.