publicidade hoxe

O Concello de Cangas prepara charlas e obradoiros contra a violencia de xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

A Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade ten previsto para este venres 11 de decembro varios obradoiros e unha charla sobre Violencia de Xénero e o novo contexto dixital. Esta actividade está concedida no marco de colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia coa FEGAMP, dentro da Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero. A charla e os obradoiros van ser impartidos pola psicóloga Arrate Emaldi da organización Pantallas Amigas.

O obradoiro “Violencia de Xénero e o novo contexto dixital” nos Centros Educativos de Secundaria será en horario de mañá:

9:20 Cpr Casa da Virxe

12:05 Ies Montecarrasco

15:30 Cpr Eduardo Pondal

A charla “Violencia de Xénero e o novo contexto dixital” no Salón de Plenos do Concello será ás 18:00h ata as 20:00h. Está dirixida a profesorado, familias e poboación en xeral.

Esta proposta pretende ser unha vía de sensibilización e prevención para que a xente adulta tome en consideración que é o que poden facer para protexer e educar fronte aos riscos de internet, así como dar recomendacións básicas ás persoas adolescentes.

9 de decembro de 2015 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.