publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello da Laracha mellora e adapta pasos para peóns no casco urbano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+
Mellora do paso para peóns

Mellora do paso para peóns

O Concello da Laracha está a desenvolver unha serie de actuacións no casco urbano da Laracha dirixidas a reforzar a seguridade  nos pasos para peóns, traballos que se enmarcan no plan de mantemento da rede viaria municipal.

A principal actuación afecta á céntrica rúa Río Anllóns, na que xa se actuou en dous pasos para peóns: adaptouse para unha mellor accesibilidade o situado fronte á escola infantil pública A Galiña Azul e no entronque coa Avenida de Caión foi renovado o pavimento e remarcado con pintura reflectante o paso de cebra existente.

Nos próximos días está previsto realizar outras actuacións de similares características para reforzar a seguridade viaria noutros puntos da capital municipal da Laracha nos que así se estime oportuno.

Estes traballos estanse levando a cabo aproveitando as condicións climatolóxicas favorables dos últimos días. As actuacións son promovidas e financiadas integramente polo Concello da Laracha con fondos propios municipais.

21 de decembro de 2015 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.