publicidade hoxe

Éxito rotundo na 2ª Gala de Nadal de Ximnasia Artística Deportiva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArteixoDeportes
A-
A+

No día de onte, 13 de Decembro 2015, celebrouse, no Pazo dos Deportes de Arteixo, a 2ª Edición da Gala de Nadal de Ximnasia Artística Deportiva. O evento, que foi organizado pola Asociación Deportiva de Arteixo (AD Arteixo), contou coa colaboración do Concello de Arteixo, a través do S.M.D. e coa asistencia e participación dos clubs especializados da comarca, como XIMNASIA CORUÑA, UDC e ESCOLA DE XIMNASIA DA UNIVERSIDADE DO INEF. Nel participaron tamén os nenos e nenas da AD Arteixo, e grazas ao conxunto de todos os participantes, a GALA supuxo un éxito rotundo con ximnastas de altísimo nivel.

O acontecemento marcou un cheo total grazas ao público asistente, familiares, amigos e curiosos interesados no evento. Dna. Purificación Zas, Concelleira de Deportes do Concello de Arteixo, fixo entrega duns obsequios aos clubs e á Delegación de Ximnasia da Coruña. Debido ao rotundo éxito desta xornada, a AD Arteixo, está a barallar a posibilidade de organizar a próxima Gala para o 2016, na que espera poder ampliar a participación de ximnastas.

14 de decembro de 2015 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.