publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Controlado o incendio en Triacastela que calcinou máis de 20 hectáreas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosTriacastela
A-
A+
Europa Press

A Consellería de Medio Rural informou de que un incendio rexistrado no concello lugués de Triacastela, na parroquia de Monte, foi controlado. O lume iniciouse esta madrugada ás 1,14 horas e quedou controlado ás 6,44 horas deste luns. Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada supera as 20 hectáreas.

Na súa extinción traballaron un axente, unha brigada e unha motobomba. A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal.

28 de decembro de 2015 | 11:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.