publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cartas aos Reis Magos en Zas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaZas
A-
A+

Un ano máis o servizo de normalización lingüística do concello de Zas, colabora coas súas maxestades de Oriente no reparto das cartas. Os  SNL de Ponteceso e Zas ocupáronse de repartir nos centros de ensino dos seus concellos así coma nos comercios os modelos de cartas que lles fixeron chegar os Reis Magos xunto coas caixas de correo para depositar as ditas cartas unha vez escritas.

Nesta ocasión a cantidade de cartas repartidas anda ao redor das 3.000. Son modelos de cartas en lingua galega e nas mesmas tamén se fai referencia á figura tradicional do Nadal galego, o Apalpador.

Ademais, hai que salientar que todos aqueles nenos e nenas que escriban estas cartas aos Reis recibirán por correo a resposta dos Magos de Oriente. Esta actividade encádrase nas actividades de dinamización lingüística que dende o ano 2010 organizan de maneira conxunta os SNL dos ditos concellos.

17 de decembro de 2015 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.