publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Buenaventura Aparicio presenta en Ponte Caldelas o seu primeiro conto infantil titulado “A Pedra do Cervo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O doctor en Historia Buenaventura Aparicio Casado presentará mañá xoves,  a partir das 20 horas, no Centro Cultural de Ponte Caldelas o seu primeiro conto, titulado “A Pedra do Cervo”, e que ten como nexo de unión o petróglifo recuperado no monte de Cuñas. O acto de presentación terá un carácter aberto e contará coa presenza do alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, e varios membros do seu equipo de goberno.

O conto que presenta Buenaventura Aparicio ven como consecuencia dunha promesa feita ante os seus netos e como un xeito de achegar o arte rupestre ao conxunto dos cativos coa intención de divulgar un importante patrimonio artístico e arqueolóxico de Galicia de valor incalculable. 

Este traballo está editado por Edicións do Cumio e Buenaventura Aparicio contou coa axuda inestimable da ilustradora Pilar Castro Caamaño que dun xeito moi natural e colorista axuda a facer aínda máis agradable a letura deste conto que achega o estudioso da arte rupestre.

Aínda que este conto está concebido para nenos e nenas maiores de 10 anos, a aposta do autor céntrase en convertir este libro nun elemento para compartir tempo e letura entre pais e fillos co fin de promover unha reflexión paseniña e humana sobre o valor dos petróglifos. 

Segundo Buenaventura Aparicio o conto é un pretexto optimista para difundir e valorar a arte rupestre, cun tansfondo claro de amor a Galicia, á cultura galega, e uha mensaxe nítida de respecto pola natureza que debemos conservar e legar intacta, ou cando menos non deteriorada, ás novas xeracións. 

O traballo conta tamén cunhas fichas a modo de unidade didáctica co fin de servir de aprendizaxe lúdica para os cativos ao tempo que se aposta polo coñecemento da cultura popular aproveitando a mestría e o saber facer da ilustradora, Pilar Castro Caamaño.

2 de decembro de 2015 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.