publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Activo un incendio forestal rexistrado na parroquia do Monte, en Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSucesosXove
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo no concello lugués de Xove, parroquia do Monte. O lume iniciouse esta madrugada ás 00:23 horas e permanece activo polo de agora. Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. No seu control levan traballado 1 técnico, 4 axentes forestais, 8 brigadas e 5 motobombas. A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

16 de decembro de 2015 | 10:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.