A Casa da Cultura de Cambre acollerá deceas de actividades ata xuño
O prazo de inscrición das actividades culturais que se realizan na Casa da Cultura comezou o sábado 19 de decembro e finalizará o 5 de xaneiro de 2016. As actividades terán lugar dende xaneiro ata o mes de xuño.
Asemade, entre as actividades dirixidas os mais pequenos destacan os obradoiros de calculo mental, música, xogos infantis, teatro para nenos, e de xogos tracidionais. Haberá un obradoiro de ritmo dirixido a xóvenes, trátase dunha iniciacion á percusión co propio corpo e a voz con instrumentos.
Para a mocidade e adultos, café en inglés, estimulación mental, obradoiro de tecido, de pintura, sevillanas, cerámica castrexa e latón, teatro, ou maquestismo.
Por outra banda, terán lugar conferencias literarias os segundos xoves de cada mes e tamén xornadas de cineclub, o terceiro xoves de cada mes. Os interesados teñen máis información na web do concello, www.cambre.org.