publicidade hoxe

A Banda de Música Isabel II ofrece o en Touro o tradicional Concerto de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

A Banda de Música Isabel II de Touro ofrece, como xa e tradicional nestas datas, o seu Concerto de Nadal. Será o próximo sábado, día 19 de decembro de 2015 na Casa da Cultura de Touro a partir das 18.00 horas. A banda de música ofrecerá pezas tradicionais do Nadal e para os nenos e nenas que asistan haberá sorpresas. O concerto, como todos os anos, está organizado pola Banda de Música Isabel II de Touro e colaboran o Concello de Touro a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Bandas de Música. Comenza así oficialmente a celebración das festas do Nadal no Concello de Touro.

17 de decembro de 2015 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.