publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Tres novos cursos en Carral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

Na programación de outono da Concellaría de Cultura están a ofrecerse tres cursos. As principais características destas actividades formativas son:

CURSO DE FOTOGRAFÍA E DESEÑO GRÁFICO

Duración do curso: 64 horas
Horario: venres de 20:30 a 22:30 h. e sábados de 11:00 a 13:00 h.
Inclúese na temporalización da actividade algunha saída fotográfica
Lugar: Centro de Formación Antón Fraguas e na Casa da Cultura
Equipamento:  o curso realizarase cos equipos da aula de informática e co equipo da escola municipal de fotografía. Cada alumno deberá dispor de cámara fotográfica e recoméndase que dispoña de equipo informático.
Prezo: 150 euros
Perfil dos beneficiarios: maiores de 15 anos de idade e con coñecementos básicos de fotografía e de informática.

CURSO DE PÁXINAS WEB E BLOGS

Duración do curso: 20 horas
Horario: mércores e xoves de 20:30 a 22:30 h.
Lugar: Centro de Formación Antón Fraguas
Prezo: 50 euros
Perfil dos beneficiarios: maiores de 12 anos de idade e con coñecementos básicos de informática

CURSO DE COCIÑA DE NADAL

Duración do curso: 9 horas
Horario: venres 4, 11 e 18 de decembro, de 20:00 a 23:00 h.
Lugar: Centro de Formación Antón Fraguas
O curso realizarase co equipo e material da aula de cociña de devandito centro.
Prezo: 35 euros
Perfil dos beneficiarios: maiores de 12 anos de idade e coñecementos básicos de cociña.
Menús que se elaborarán: cocktail de gambas, lacón asado ao Pedro Ximenez con puré de patacas e salsa de arándanos, pexegos flambeados, tomates recheos de sucedáneo de gulas, polo recheo de froitas e froitos secos, filloas flambeadas con nata ou marmelada, vieiras ao forno, pescado ao sal e roscón de Reis.

O prazo para inscribirse nestas actividades está aberto até o 20 de novembro, e as persoas interesadas deberanse dirixir á Casa da Cultura.

10 de novembro de 2015 | 20:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.