publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Sober celebra o mes das tradicións nas ‘merendas con contos’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober aproveitará as ‘Merendas con contos’ de novembro para celebrar o Mes das tradicións. As actividades de animación á lectura  desenvólvense os venres na Biblioteca Municipal, no Centro Sociocultural, entre as 17:30 e as 19:00 horas.

Mañá venres 6 de agosto os nenos e nenas merendarán castañas e achegaranse ao libro O Magosto do colectivo Ollo de Sapo (Editorial Ir Indo).

O venres día 13 Moncho Álvarez será o encargado de impartir o obradoiro de elaboración de roscas de Millán. Tamén se lerá O gato lambón, un conto popular da editorial Kalandraka. 

O venres día 20 haberá un obradoiro de música a cargo de Élite DJ’s e a lectura de Nico y Ana quieren ser músicos de Juan Capdevilla, (Editorial Timun Mas). 

O último venres de mes, o día 27, Tomás Gómez González e Otilia Arias García ofrecen un taller sobre a olería de Gundivós. Os nenos e nenas lerán ademais A olería tradicional de Gundivós. As formas.

5 de novembro de 2015 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.