publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Máis de 500 participantes na Copa Xunta que se celebrará o 7 de novembro en Vilalba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaVilalba
A-
A+

O sábado 7 de novembro (a partir das 10:00) o Pavillón Municipal de Vilalba acollerá a Copa Xunta de Galicia de técnica, na que participarán máis de 550 deportistas e 43 árbitros. A Copa Xunta de Galicia é un torneo de técnica (infantil e adultos) que ten como obxectivo prioritario a promoción deste deporte. Neste torneo participan aqueles deportistas que acadaron a clasificación nas fases provinciais que se celebraron o os días 24 e 25 de outubro coa participación de 1.300 rapaces e rapazas (1/3 dos participantes das diferentes fases). Nesta proba están inscritos 402 deportistas da categoría infantil e 156 adultos e haberá medallas para os primeiros clasificados.

5 de novembro de 2015 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.