publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Iníciase o trámite de información pública do trazado e da avaliación ambiental da conexión da A-52 co polígono de San Cibrao das Viñas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSan Cibrao das Viñas
A-
A+

A Xunta inicia o trámite de información pública do trazado e da avaliación de impacto ambiental da conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas, no treito entre a autoestrada e a N-525. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe este anuncio polo que se somete a información pública o citado proxecto e se abre un período de 30 días hábiles para a presentación de alegacións.

O Goberno galego ten presupostados para o vindeiro ano 1,2 millóns de euros para esta infraestrutura, ao tempo que se reservan os fondos necesarios para executala nos orzamentos futuros. Ademais os esforzos do Executivo autonómico lograron a disposición de 15 millóns de euros de fondos FEDER, do período operativo 2014-2020, para garantir a execución desta conexión.

A Xunta prevé que antes de que remate o ano se licite a redacción do proxecto de construción, posto que o obxectivo da Consellería de Infraestruturas e Vivenda é que a redacción do proxecto construtivo se poida realizar en 2016, unha vez que remate a información pública e se aprobe definitivamente o proxecto de trazado e a avaliación de impacto ambiental.

Primeiramente, traballouse para acadar a alternativa máis viable e máis axeitada, un trazado que compaxinase a menor afección posible aos terreos, edificacións e infraestruturas xa existentes cos requirimentos técnicos que ten unha vía destas características. Así, deseñouse unha nova conexión que comeza no enlace de Gargantós da A-52, onde se conecta a propia autovía co viario local e a autovía AG-31 (Ourense-Celanova); e que discorre ata a N-525, ao sur do acceso ao polígono industrial.

A vía ten 4,5 quilómetros de lonxitude que toca aos termos municipais de San Cibrao das Viñas e de Taboadela, reduce o percorrido de conexión coa autovía en aproximadamente nun 66%, ao pasar de 11 a 4,5 quilómetros; e, paralelamente, mellora a conectividade coa autovía de Celanova.

Pulo á industria

O polígono de San Cibrao das Viñas conta con 5 millóns de metros cadrados de superficie; con máis de 300 empresas instaladas; e dá emprego a preto de 8.000 persoas. Un motor económico para toda a provincia que precisa das boas conexións coa rede viaria de alta capacidade para incrementar a súa eficacia na distribución de materias e mercadorías e xerar maior actividade.

Coas actuacións proxectadas preténdese impulsar unha conexión estratéxica que atenderá a demanda empresarial e cidadá, favorecerá a mobilidade e os desprazamentos nesta área industrial e ofrecerá novas facilidades para que as industriais alí asentadas poidan medrar. A mellora das conexións suporá novas oportunidades para que o polígono se converta en polo de atracción de novos investimentos na provincia de Ourense e de toda Galicia.

6 de novembro de 2015 | 13:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.