publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Estudantes do Afonso X O Sabio viaxan a Barcelona para traballar nun proxecto de intelixencia emocional

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+
Alumnos de Cambre participantes

Alumnos de Cambre participantes

O próximo día 22 de novembro, e até o 28 de novembro, sete estudantes do IES Afonso X O Sabio de Cambre, acompañadas polas súas profesoras Concepción López e Xulia Regueiro realizarán a primeira estancia formativa dentro do proxecto Erasmus+  “Horizon to The Future” no que participa este instituto, localizado na Barcala. Nesta ocasion viaxan a Montmeló (Barcelona) para realizar, xunto co resto de centros participantes, (Finlandia, Italia, España e Alemaña), actividades relacionadas coa intelixencia emocional en lingua inglesa.

19 de novembro de 2015 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.