publicidade hoxe

Ábrense as plicas para os postos do Mercado municipal do Grove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Na xornada de onte procedeuse á apertura de plicas que resposta á convocatoria por procedemento aberto de casetas e bancadas libre do mercado municipal. Lembramos que o prego de condicións poñía a disposición dos interesados catro postos fixos e once bancadas en distintas ubicacións.

Unha vez rematado o período de presentación de ofertas foron recibidas seis. Dúas para as bancadas 29 e 30, unha para a 11 e outra para a 15. Segundo a norma establecida as bancadas serán outorgadas as ofertas máis elevadas para o cal serán clasificadas na vindeira Xunta de Goberno Local. Deste xeito os postos serán outorgados por orde de maior oferta, dándose o caso de que, ao quedar bancadas libres, as persoas que puxaron polo mesmo posto poderán obtar a outros. 

6 de novembro de 2015 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.