publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Verdeveras presenta en Brión o espectáculo teatral e musical “Desalmad@s”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaBrión
A-
A+

O Centro Social Polivalente de Brión acollerá mañá sábado 31 de outubro, a partir das 20:30 horas, a representación de “Desalmad@s”, un espectáculo de teatro, música e movemento da compañía Verdeveras, dirixida por Carlos Neira. Unha actuación totalmente gratuíta e contemplada no “Outono Cultural” do Concello de Brión.

“Desalmad@s” é un espectáculo unipersoal que reflexiona sobre a soidade e a loucura, nunha mestura de traxedia e comedia dirixida a un público adulto. Trátase dunha crítica á sociedade dende unha caricatura dunha muller que venera a perfección pero que, tras dela, oculta a incomprensión, a soidade extrema, o desdobramento e a loucura.

30 de outubro de 2015 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.