publicidade hoxe

Os veciños de Ponteareas poderán participar a través dun obradoiro na elaboración do Catálogo das Paisaxes de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonteareas
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio celebra mañá, sábado 24, o décimo dos 12 obradoiros participativos que forman parte do proceso de participación pública para a elaboración do Catálogo das Paisaxes de Galicia. O obradoiro terá lugar na auga CeMIT do Centro Social entre as 10 e as 13 horas.

Estes obradoiros teñen como obxectivo recoller a valoración, a opinión e o coñecemento da poboación local sobre a paisaxe. Con esta fin celebrarase un obradoiro práctico en cada unha das 12 áreas paisaxísticas de Galicia, aos que poderá asistir calquera persoa que así o desexe sen máis que inscribirse por correo electrónico (atlaspaisaxe.iet@xunta.es) ou por teléfono (981541755/ 981541756).

O programa do obradoiro de Ponteareas inclúe a presentación do proxecto do Catálogo de Paisaxes de Galicia, o debate sobre a paisaxe en Galicia e tres sesións prácticas de traballo destinadas á localización de lugares de especial interese paisaxístico, á caracterización da paisaxe da área e á identificación de áreas cunha paisaxe degradada. Asemade, inclúe unha saída a campo para visitar algúns dos lugares de interese paisaxístico identificados polos participantes do taller.

Nas sesións prácticas empregarase unha plataforma web (https://sixot.es/catalogospaisaxe) que permite a identificación no mapa das tres cuestións anteriormente mencionadas. Esta plataforma estará aberta para calquera usuario durante os meses de setembro e outubro, permitindo a participación no proceso a calquera persoa que desexe colaborar e non poida asistir aos obradoiros.

Os dous últimos obradoiros terán lugar en en Vigo o 28 de outubro e o 31 de outubro na Coruña.

Cómpre lembrar que a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio premiará a participación da cidadanía na elaboración do Catálogo das Paisaxes de Galicia, con estancias en casas rurais das 12 grandes áreas galegas

23 de outubro de 2015 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.