publicidade hoxe

Os accesos as torrentes de Mácara e ao Balneario de Pambre centran as primeiras actuación en Palas de Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+

O Concello de Palas de Rei froito dun convenio coa Secretaría de Turismo mellorará a accesibilidade  a varios recursos turísticos  no medio rural do Concello Palense. Deste xeito, Turismo aportará 15.884 euros  e o Concello de Palas de Rei aporta 12.589 euros para a mellora do acceso as Torrentes de Mácara, lugar de especial interés turístico polo contorno mediambiental e paisaxístico que ofrecen as súas torrentes de auga en pleno rio Ulla preto da súa confluencia co rio Pambre, preténdese reacondicionar a ruta de sendeirismo que pasa permanentemente por alí, ademais, Mácara é obxecto do Programa Goza do Ulla que engloba a 19 Concellos polos que pasa o Rio Ulla ; así como tamén, será obxecto de mellora os accesos ao Balneario Rio Pambre, destacado recurso de atracción de turistas nas inmediación do Castelo de Pambre, que xera unha importante actividade económica cos diversos tratamentos termais que ofrece, na actualidade dispón de 20 empleados.

O balneario de Pambre está situado nunha finca de 5ha cruzada polo rio Pambre, encóntrase rodeado de árbores autóctonas e centenarias, construido con criterios bioclimáticos e materiais carácteristicos da arquitectura galega: pedra, madeira e pizarra. Dispón de 23 habitacións, 11 no edificio principal e 12 pallozas de pedra con teito de palla típico da zona. Completa estas instalacións un restaurante, café bar, ximnasio e balneario que conta cunha extensa oferta de técnicas, na zona de cabinas dispón de baños de burbullas e hidromasaxe, chorro termal, ducha circular, inhalacións, envolvimentos de limos e algas, tratamentos faciales, corporales e masajes, entre os que cabe destacar o masaje Celta (combinación de pedras quentes e aceites esenciales evocadores da clama e serenidad que nos vinculan coa cultura de estos antepasados).

Tanto os traballos de mellora dos accesos  as Torrentes de Mácara como os de mellora aos accesos ó balneario Rio Pambre están enmarcados, no “Plan de Actuacións en Puntos de Especial Interese Turístico” que ten en marcha o Concello de Palas de Rei en virtude da súa recenté declaración de Municipio de Interese Turístico. No vindeiro ano, centrará o obxecto de traballo, outros puntos de especial relevancia turística existentes no municipio.

16 de outubro de 2015 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.