publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Lousame convoca un curso gratuíto de cultivo ecolóxico de castañas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

O Concello de Lousame convoca un Curso de Castañicultura Ecolóxica, no que o alumnado coñecerán as técnicas para levar a cabo o cultivo ecolóxico de castañas así como os coidados que requiren os castiñeiros. Un curso que pertence ao Programa de Fomento do Autoemprego das Mulleres 2015, subvencionado pola Deputación da Coruña, polo cal a asistencia é gratuíta.

Para a admisión terán preferencia as mulleres de Lousame, aínda que tamén se poden inscribir homes para o caso de non cubrirse as 20 prazas ofertadas. Inscricións e máis información na Concellería de Igualdade ou no 981 820 494 antes do 16 de outubro. 

Curso práctico

O curso ten unha duración total de 25 horas cun carácter práctico, xa que 16 horas estarán destinadas a poñer en práctica as técnicas de poda e enxerto nun viveiro produtor/reprodutor de castiñeiro, co obxectivo de aprender as distintas labores que requiren as árbores segundo a estación. As datas e horarios das clases acordaranse nunha reunión previa ao inicio do curso por consenso da maioría das mulleres inscritas, co obxectivo de ofertarlles a maior flexibilidade á hora de conciliar a súa vida persoal e familiar coas necesidades de formación. 

Para coñecer de primeira man os sistemas de produción, as alumnas tamén poderán visitar dúas explotacións; unha delas produtora de castaña de mesa en ecolóxico e outra de castaña para transformación en diversos produtos alimentarios en Ourense. Tamén poderán realizar prácticas de poda e enxertos en castiñeiros na Capela (A Coruña). 

Neste ano xa se levaron a cabo os cursos de Fruticultura e de Avicultura ecolóxica. O Concello de Lousame ten tamén previsto impartir máis adiante un curso sobre a creación do plan de empresa enfocado ao autoemprego, co fin de que as mulleres que asistiron a estes cursos conten con todas as ferramentas necesarias para iniciar a súa explotación.

6 de outubro de 2015 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.