publicidade hoxe

Liberan a unha persoa atrapada tras un accidente con dous feridos en Nigrán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigránSucesos
A-
A+
Europa Press

Os Bombeiros do Porriño liberaron a unha persoa que quedou atrapada no interior dun turismo tras sufrir un accidente na noite do luns que se saldou con dous varóns feridos no municipio de NIgrán (Pontevedra).

Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro tivo lugar sobre as 22,30 horas do luns no quilómetro 19 da estrada PO-340, na Ramallosa.

Ademais dos bombeiros foi mobilizado o GES de Val Miñor e e solicitou a colaboración da Guardia Civil de Tráfico e de persoal do servizo de mantemento da estrada que se encargou das tarefas de limpeza da vía.

O 061 levou o Hospital Povisa en Vigo a dous homes; J.C.V.D., de 45 anos, nunha ambulancia asistencial acompañado por un médico do PAC de Nigrán, e R.V.C., de 28 anos, en ambulancia asistencial, segundo sinalaron fontes sanitarias.

COLISIÓN POR ALCANCE

Por outra banda, sobre as 8,15 horas deste martes sucedeu unha colisión por alcance entre tres vehículos que circulaban pola A-55, á altura do edificio de Conservación de estradas, en Mos.

Un alertante indicou que unha muller necesitaba asistencia sanitaria, polo que o CAE 112 Galicia informou ao 061. A intervención dos axentes de Tráfico e do Servizo Municipal de Emerxencias de Mos tamén foi requirida.

27 de outubro de 2015 | 10:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.