publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Curso de dinamización de actividades de tempo libre en Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Dende o 21 de setembro estase a celebrar no noso Concello un CURSO DINAMIZACIÓN DE ACTIVIDADES  DE TEMPO LIBRE EDUCATIVAS INFANTÍS E XUVENÍS, organizado polo Concello e patrocinado pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia.

Trátase dun curso para desempregados no que participan 15 persoas, de Xove e doutros lugares da Mariña. O profesor é Pedro Brandariz. O Curso trata de formar monitores de tempo libre.

Vaise desenvolver ata o vindeiro 7 de decembro de 2015, durando un total de 328 horas, das cales 168 son lectivas e 160 prácticas. As clases desenvólvense en varios espazos: as teóricas na Aula de Formación, tendo lugar a parte práctica en diversos espazos municipais interiores e exteriores.

O investimento total deste Curso é de 20.358  €uros.

23 de outubro de 2015 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.