publicidade hoxe

A praza de arriba acollerá a Festa de Samaín este sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Co obxectivo de recuperar a tradición do tallado de caveiras nas cortizas das cabazas e buscando un coñecemento etnográfico da Festa de Samaín, o Concello do Grove organiza diversa actividades durante todo o sábado na Praza de Arriba. A Festa do Samaín contribúe a recoñecemento a orixe e o pasado común con Europa a través da Cultura celta polo que manter e coñecer os xogos tradicionais e o patrimonio etnográfico a través desta festa supón manter as raíces da cultura tradicional galega.

A partires das 11.30 horas e ata as 13.30 horas e, posteriormente, de 17.00 a 21.00 horas os rapaces e rapazas poderán participar en distintas actividades de globoflexia, maquillaxe, contacontos e actuacións musicais. Ademais, durante a mañá celebrarse un obradoiro de cabazas e posteriormente poderán participar en concursos para premiar á mellor executada ademais de competir polo mellor disfraz. Durante todo o día terán a súa disposición os xogos populares e as ANPAS dos distintos centros educativos poñerán a venda distintos produtos para recadar fondos para as súas actividades.

O día rematará cun desfile de meigas e pantasmas cun percorrido que irá dende a Praza de Arriba ás rúas Jaime Solá, Pratería, Luís Seoane, Luís Casais, Castelao, Rúa da Praza e Pablo Iglesias con regreso á Praza onde se realizará unha Queimada.

Agárdase que toda esta festa contribúa a fomentar o gusto e a afección polas actividades culturais e amose, aos máis novos, outra forma de entreterse no tempo de ocio.

Teatro 

Ao finalizar as actividades para os máis cativos, ás 21.00 horas, o grupo de teatro Enxebre representará a obra “Tress” na carpa institucional da Festa do Marisco ubicada na Praza do Corgo. Trátase dunha comedia que se ofrecerá, con entrada de balde, no marco do Certame de Teatro Enxebre organizado co patrocinio de Fegatea e dentro do ciclo de Teatro Amador. 

27 de outubro de 2015 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.