publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Federación Galega prepara unha xornada de boxeo feminino en Curtis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtisDeportesDeportes Portada
A-
A+

O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, asinou un convenio de colaboración coa Federación Galega de Boxeo para o uso das instalacións deportivas municipais. O acordo permitirá, ademais, achegar a práctica deste deporte olímpico ao municipio curtiense a través, máis concretamente, da selección galega feminina.

 Así, entre as actividades programadas para a tempada 2015/2017, organizarase no Concello unha xornada de boxeo coas deportistas da selección feminina, que tamén utilizarán as instalacións curtienses para a súa concentración. Ademais, o acordo inclúe cursos de adestradores en Savate (boxeo francés), así como de cutman para aprender a atender as lesións propias desta disciplina deportiva.

 Na firma do acordo, destacouse o crecente interese por este deporte, que volveu a rexurdir despois dun período de regresión, e faino con forza tamén na modalidade feminina, onde destacan varias mozas galegas como Marta Brañas, de Arteixo, que acaba de asinar o seu primeiro contrato profesional en Estados Unidos.

 Este convenio sumar ao asinado por Curtis recentemente coa Federación Galega de Halterofilia, que tamén inclúe o uso das instalacións deportivas do municipio e o impulso da  súa práctica a través de varias actividades como campionatos, concentracións e cursos de monitores federativos.

As instalacións deportivas do Concello de Curtis posibilitan o desenvolvemento tanto do deporte de base como de rendemento de numerosos modalidades. Na localidade de Teixeiro atópase o albergue do Centro Etnográfico do Mandeo, onde se concentran os deportistas, así como o pavillón polideportivo, un ximnasio municipal, pistas de tenis e pádel e piscina descuberta. Na localidade de Curtis, as instalacións son, ademais do pavillón polideportivo, un ximnasio municipal, pistas de tenis e pádel e piscina descuberta.

20 de outubro de 2015 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.