publicidade hoxe

Vila Concepción albergará a rodaxe da longametraxe Migas de Pan

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreLocal Portada
A-
A+

A Casa da Cultura do Concello de Cambre,  Vila Concepción,  alberga mañá a rodaxe de “Migas de Pan”,  unha longametraxe con proxección internacional xa que se trata dunha coprodución con Uruguai. “Migas de Pan”  trata unha temática histórica como son os prisioneiros (neste caso prisioneiras) da ditadura. O Concello de Cambre puxo a disposición da produtora da película a vila, recentemente reformada, para a rodaxe. Por este motivo, o edificio municipal permanecerá pechado ao público do 14 ao 16 de setembro.

A directora do filme, Manane Rodríguez, retoma este xénero dramático tras as súas anteriores longametraxes, entre elas, “Memorias rotas”, “Un cuento para Olivia”, “Un ajuste de cuentas”. O guión escribiuno  a propia Rodríguez xunto con Xavier Bermúdez. En canto ao reparto, destacan as figuras de Cecilia Roth, Justina Bustos, Margarita Musto, Ernesto Chao, Artur Trillo, María Pujalte e Patxi Bisquert.

14 de setembro de 2015 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.