publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Tono Campos acada a prata e Iván Alonso o bronce nos Campionatos do Mundo de Maratón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaO GroveTui
A-
A+
Tono Campos

Tono Campos

Tono Campos do Club Breogán do Grove conquistou esta mañá a medalla de prata no Campionato do Mundo de Maratón que se celebra na cidade húngara de Gyor. O padeeiro grovense chegaba segundo a meta despois dun larguísimo sprint co deportista húngaro MártonKövér, en terceira posición entraría o padeeiro portugués Nuno Barros. Nesta mesma regata participaba David Mosquera do Club Ría de Betanzos que terminaría en cuarta posición.

Con esta medalla Tono suma 12 metais en campionatos do mundo e europeos na modalidade de maratón, mañá terá a oportunidade de engadir outra máis á súa colección ao participar en C2  co seu compañeiro do Club Ría de Betanzos José Manuel Sánchez nunha regata onde as tripulacións húngaras xunto cos galegos do Kaiak Tudense Ramón Ferro e Óscar Graña son os favoritos para as medallas. Pola súa banda o tudense Iván Alonso Lage conseguía a terceira posición no K1 Home Senior, Iván chegaba ao tramo final da carreira  xunto cos deportistas Hank Mcgregor de Sudáfrica e o padeeiro húngaro Adrián Boros, despois dun longo sprint a entrada en meta foi moi axusta, sendo a vitoria para o surafricano,seguido do húngaro e terceiro sería Iván.

Esta é a cuarta medalla consecutiva que consegue Iván nos mundiais na embarcación individual desde que no ano 2012 conseguise a medalla de ouro, do mesmo xeito que Tono mañá terá a oportunidade de levar outro metal ao competir no K2 xunto co zamorano Emilio Merchán.

A participación galega tivo outra protagonista no día de hoxe, Nuria Villace participaba en muller senior K1, terminando a proba en 7º posición, mañá tamén terá protagonismo ao remar na K2 xunto coa deportista de Mérida Estefania Fernández.

Por outra banda no día de onte participaron varios deportistas da terra, conseguindo uns bos resultados.

Raquel Rodríguez do E.P. Cidade de Pontevedra terminaba cuarta na proba muller senior C1.

Damián González do Club Piragüismo Berducido foi sexto na competición do Home Sub23 C1.

David García do Club Náutico Firrete terminou en novena posición na categoría xuvenil C1. 

 

 

12 de setembro de 2015 | 20:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.