publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Publícase o listado de voluntarios e voluntarias da Festa do Marisco 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

O Concello ven de seleccionar a 65 persoas que colaborarán no desenvolvemento da Festa do Marisco deste ano. En total presentáranse 147 solicitudes que foron sometidas a revisión para garantir o cumprimento dos requisitos establecidos: estar en situación de desemprego ou ser estudante. Unha vez revisada tal circunstancia as solicitudes foron catalogadas en función da formación e experiencia de cada solicitante, permitindo contar con referencia sobre o posto máis adecuado para cada un deles. Para poder dirimir finalmente a asignación tivéronse en conta criterios relativos á existencia ou non de cargas familiares e factores como a existencia ou non de persoas con traballo dentro da unidade familiar.

Todo isto dou lugar a que se elaborara unha listaxe na que figuran 2 persoas para facerse cargo da venda de empanadas, 2 para a elaboración e venda de postres, cinco para a venda de pan e viño e 4 para os refrescos, 9 persoas para a cociña, tres para o almacén, unha para a tenda, 2 para montaxe, 14 para limpeza, tres para apoio á información turística, 4 de atención na carpa de cociña en vivo, outras 4 para atención da carpa institucional e 12 para as caixas de venda de tickets.

En cada un destes postos establecéronse dous tipos de quendas, a denominada “semanal” que suporá traballo durante tódolos días da festa e a “fin de semana” que suporá traballo de reforzo durante os dous fins de semana da festa. Cada un dos voluntarios contará con instrucións específicas do seu horario e funcións.

Como balance final debemos indicar que dos 65 voluntarios e voluntarias seleccionados a meirande parte, 54, son persoas que se atopan actualmente en situación de desemprego, 3 son estudantes e outras 8 finalizan o seu contrato actual en setembro. Destácase ademais que 35 persoas tiñan sido voluntarios ou voluntarias nalgunha festa anterior e 30 nunca o foran.

Nos próximos días os voluntarios serán convocados a distintas reunións de preparación tanto para as instrucións xerais de funcionamento como a preparación específica (por exemplo caixas) que sexa precisa. 

23 de setembro de 2015 | 13:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.