publicidade hoxe

Permanece aberto o prazo para inscribirse nas escolas deportivas de Ponte Caldelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O Concello de Ponte Caldelas anuncia que permanece aberto o prazo de inscripción para participar nas escolas deportivas durante este curso que se comezarán a impartir no municipio a partir do próximo mes de outubro. Con esta iniciativa preténdese que nenos e mozos poidan instruírse na práctica de deportes como o tenis, a ximnasia acrobática e o taekwondo.

Para desenvolver este proxecto formativo cara aos máis xóvenes o Concello conta coa colaboración de clubs do municipio e do veciño de Pontevedra co fin de que sexan os encargados de gestionar e dirixir as escolas deportivas.

As escolas comezarán a funcionar no mes de outubro e poderán inscribirse, co seu ficha e seguro federativo, nenos e nenas con idades a partir dos 5 anos para a de tenis. No caso da escola de ximnasia acrobática as idades dos que poderán participar serán as comprendidas entre os 4 e os 14 anos, mentres que en taekwondo será de 6 a 11.

A colaboración da Diputación de Pontevedra e do propio Concello de Ponte Caldelas favorecerán que as cotas que teñan que abonar os inscritos sexan moi económicas con relación á tarifa habitual. Así, os alumnos da escola de tenis, terán a posibilidade de asistir 2 días á semana con horarios distribuídos os mércores (de 15:30 – 17:30 horas) e venres de 17:30 a 21 horas polo que a cantidade que terán que abonar irá en función do tempo que empreguen.

Polo que respecta á ximnasia, esta se impartirá durante 2 días á semana (os martes e xoves de 16:30 a 17:30 horas) e o seu custo será de 15 euros ao mes, ademais de 30 euros en concepto de ficha.

Os alumnos de taekwondo acudirán dous días á semana a esta actividade (os luns de 17 a 18 h. e de 18:15 a 19:15 horas e, os mércores, de 18:15 a 19:15 horas), cun custo mensual de 10 euros no caso de ir dous días ao mes. 

O formulario para realizar a inscripción poderase descargar da páxina web do Concello (www.pontecaldelas.org) aínda que deberán entregarse nas oficinas municipais habilitadas para tal fin no Consistorio.

Con esta iniciativa o Concello pretende fomentar a práctica de actividades saudables á vez que se fomentan valores humanos como o compañerismo, a solidariedade e o traballo en común.

Neste proxecto deportivo-formativo do Concello de Pontee Caldelas colaboran o Club de Tenis Ponte Caldelas, o Club Treboada Ximnasia e a Federación Galega de Taekwondo-Escola Deportiva da Deputación de Pontevedra.

15 de setembro de 2015 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.