publicidade hoxe

Obradoiros para maiores en Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

A Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Muller de Cangas informa de que o vindeiro luns 14 de setembro e ata o venres 2 de outubro (ambos inclusive) estará aberto o prazo para inscribirse nos obradoiros para persoas maiores en horario de 10:00-13:30 h. Todas as persoas interesad@s deben  dirixirse ao Centro Municipal de Benestar Social sito na rúa Andalucia nº3, baixo, Cangas.

Son requisitos imprescindibles para participar nos obradoiros:

– Pagar 30 euros por persoa e actividade, puidendo anotarse a un máximo de dúas actividades

– Ser veciño/a do Concello de Cangas

– Ter mais de 55 anos, e ser pensionista / carecer de ingresos ou que estes sexan inferiores ó salario mínimo interprofesional.

Os obradoiros ofertados son:

– Ximnasia – En Pavillón de Romarigo, no Pavillón de Gatañal e no Centro Sociocultural de Coiro.  

– Bailes de salón

– Ioga-Relaxación

– Informática

– Memoria

– Pintura

– Bolillos

– Pilates (novidade neste curso 2015/16)

O Concello de Cangas pretende, un ano máis, enfocar estes obradoiros dirixidos a persoas maiores, cunha dobre función social: educativa e lúdica.

Os participantes benefícianse dos diferentes obradoiros propostos polo Concello de Cangas como unha alternativa para ocupar o seu tempo de lecer, dun xeito participativo, consciente e útil.

11 de setembro de 2015 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.