publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Grove pon en marcha un plan de acollida para os refuxiados de Siria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

O equipo de Goberno Local comezou a semana pasada o deseño do plan de acollida para ás familias que fuxen da Guerra Civil en Siria. Ó igual que fixeron outros concellos o Grove remitiu os correspondentes comunicados para formar parte das Cidades ou vilas-refuxio que xa existen por todo o país.

Ademais diso o Concello quere poñer todo en marcha para garantir o bo funcionamento desa acollida. Para ese fin a partires do luns aqueles veciños e veciñas, empresas ou colectivos que queiran colaborar neste plan (como xa manifestaron no propio concello) poderán presentar nos Servizos Sociais un formulario, que será facilitado previamente, no que indiquen a súa dispoñibilidade. 

Deste xeito o Concello agarda contar con vivendas ou aloxamentos que os veciños e veciñas poidan poñer a disposición durante algún periodo ademais de que locais ou empresas poidan facer pequenas doacións para manutención. De igual xeito contarase con voluntarios para apoio educativo dos menores e acompañamento das familias en cuestións administrativas. 

Paralelamente a elaboración deste censo de recursos do Concello, tamén está traballando cos Servizos Sociais para valorar adecuadamente a xestión dos fondos propios de tal xeito que se poida ter unha previsión clara para cubrir as necesidades xa existentes no Grove e que seguen a ser prioritarias e, a partires de aí, asumir novas necesidades que poidan xurdir das familias en acollemento. 

O Plan de Acollida, que conta coa colaboración de tódalas concellerías, será dirixido pola Concellería de Servizos Sociais e a de Sanidade e ademáis destes primeiros pasos, tamén porá en marcha reunións con entidades sociais para coordinar e optimizar recursos.

 

8 de setembro de 2015 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.