publicidade hoxe

O equipo feminino da SD Touro estréase con goleada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesTouro
A-
A+

O equipo feminino da SD Touro venceu o pasado domingo na súa estrea ao CD Obreiro por un contundente 6-1. A formación recentemente creada militará nesta tempada 2014/2015 na liga Galega Feminina da Segunda Categoría, Grupo 1. “Estamos moi safisfeitos co noso estreo”, asegura José Ramón Puga, adestrador do equipo integrado por 21 mozas que forman a escuadra de mulleres da SD Touro. “A pesar de que polo resultado parecerá que gañamos con facilidade, o partido resultou moi disputado”, engade o adestrador, quen confía en continuar este camiño no que queda de tempada nunha categoría na que compiten 18 equipos das provincias da Coruña e Lugo. O equipo da SD Touro “está integrado por rapazas fundamentalmente de Touro, pero tamén hai xogadoras dos concellos do Pino ou Arzúa”, segundo explica Puga. As idades das xogadoras van desde os 13 aos máis de 40 anos. As goleadoras do partido do pasado domingo foron Laura Mosquera López (catro goles) e Marta Suárez Fernández (2 goles).

8 de setembro de 2015 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.