publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O consorcio presenta o XI Festival Internacional de Monicreques con actuacións de 17 compañías

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondoArteixoBergondoBetanzosCambreCarralCulleredoOleirosSada
A-
A+

O Consorcio As Mariñas reafirma a súa aposta pola promoción da expresión cultural e artística dos monicreques. O Festival Internacional de Monicreques alcanza este ano a súa undécima edición consolidando un evento que xunta a compañías de diferentes nacionalidades e dá a coñecer esta forma de arte nos centros educativos e sociais da área metropolitana.

O ente supramunicipal entende que se debe promocionar un festival referente neste ámbito e que permite acceder ás representacións aos nenos dos municipios que conforman o Consorcio.

Durante un mes, desde o 26 de setembro até o 25 de outubro, o Festival Galicreques desenvolverá 24 funcións nos 9 municipios que conforman o Consorcio: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.

O programa será ofrecido por un total de 17 compañías, de ámbito galego, estatal e internacional. Haberá artistas de Bélxica, Arxentina ou Chile, por exemplo.

O Consorcio elaborou un cartel abarcando o máximo de técnicas artísticas. Poderanse observar técnicas como luvas, manipulación directa, marionetas con fío, animación á vista, marionetas grandes, teatro de sombras, bunrake, maxia, fantoches ou monicreques de mesa, entre outras.

A maior parte das obras prográmanse para os fins de semana, coa finalidade de favorecer a asistencia dos pequenos da comarca. Tamén hai sesións pola semana destinadas aos escolares.

Carral e Bergondo abrirán a programación o sábado 26. No primeiro, ás 18.00 horas no Edificio Toñito Espiñeira con “O Mundo de Dondo”, da compañía arxentina Julia Sigliano. E no segundo, ás 18.00 horas tamén na Senra con “Monicreques ao descuberto”, dos arxentinos Manu Mansilla.

16 de setembro de 2015 | 19:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.