publicidade hoxe

O Concello de Cangas pon á disposición dos veciños as solicitudes para acoller refuxiados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

O concello de Cangas creou unha ficha para que toda a veciñanza cubra co tipo de axunda que pode aportar dentro do seu plan de actuación ante a actual situación de crise dos refuxiados.

O concello segue así mesmo en comunicación coas diferentes entidades supramunicipais como a FEGAMP, a cal está a facer de intermediario entre concellos e Xunta, recollendo as infraestruturas e capacidades de colaboración de cada concello. Dende Cangas, remitirase a información recollida a través das fichas que están a disposición dos cidadáns.

De esta forma, o concello de Cangas únese a rede de cidades refuxio que se está artellando en todo o estado español. A ficha estará a disposición dos veciños na oficina de Benestar Social ou chamando ao teléfono: 986392266.

11 de setembro de 2015 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.