publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Ambiente destinará 380.000 euros aos concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña para o financiamento de obras locais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de ReisCuntisLocal PortadaMorañaPontevedra
A-
A+

O Consello da Xunta aprobou hoxe o proxecto de acordo polo que se autoriza a sinatura do convenio de colaboración entre Augas de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e os Concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña co fin de dar cumprimento á concesión administrativa para a explotación como aproveitamento hidroeléctrico da presa de Caldas.

Augas de Galicia destinará a cantidade de 386.354,14 euros para o financiamento de actuacións de carácter educativo, cultural e de asistencia social realizadas a partir do 1 de xaneiro de 2015 nos concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña. A repartición desta cantidade executarase a partes iguais entre os citados municipios, e para cada concello resultará un total de 128.784,71 euros. 

Este convenio establece as bases que rexerán a cooperación técnica e económica entre as citadas administracións respecto das cantidades do canon devindicado pola explotación do aproveitamento hidroeléctrico da presa de Caldas de Reis, que se destina a estes concellos para o financiamento de obras ou accións de carácter educativo, cultural e social. 

O convenio é anual e xorde como compensación económica aos concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña pola construción do encoro do Umia nos seus termos municipais. 

Cómpre lembrar que Augas de Galicia promoveu a construción do encoro de Caldas de Reis, no río Umia, e que procedeu a licitar o concurso da oportuna concesión administrativa no mes de outubro do 1997. Neste concurso incluíase o preceptivo prego de bases ao cal se suxeitaba a concesión do aproveitamento, no que se prevía que Augas de Galicia destinaría unha cantidade anual para obras e actuacións de carácter educativo, cultural e asistencia social para realizar nos concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña, que se materializarían a través da Deputación de Pontevedra mediante un convenio. 

A presa de Caldas, que abastece os concellos de Portas, Vilagarcía e Caldas de Reis e o sistema do Salnés, cumpre unha dobre función: regular o abastecemento e regular o caudal en tempo de choivas, o que permite un maior control no caso das inundacións. 

3 de setembro de 2015 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.