publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Ambiente colabora nunha xornada para a eliminación da especie invasora Prímula de auga no río Limia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVilar de Santos
A-
A+
Prímula de auga

Prímula de auga

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Conservación, colabora nunha xornada para a eliminación de especies invasoras no río Limia, que se celebra mañá sábado 19. Con este tipo de traballos búscase poñer en valor a importancia ecolóxica deste río e da contorna da Lagoa de Antela, no Concello de Vilar de Santos, da Zona de Especial Conservación Baixa Limia- Xurés. Neste caso, a actividade de mañá está centrada na eliminación e control da Prímula de auga (Ludwigia grandiflora) unha especie acuática que está colonizando o cauce do Limia. Esta actuación vén a dar continuidade aos traballos realizados pola Delegación de Conservación da Natureza no pasado ano.

Para esta actividade, o voluntariado recibirá unha pequena introdución á problemática ambiental sobre as especies invasoras e a continuación iniciarán o traballo de campo con ferramenta apropiada para o desenvolvemento dos labores. A importancia destes traballos radica na eliminación das plantas que alteran as condicións físicas e biolóxicas do terreo, xa que desprazan á vexetación autóctona. Despois de levar a cabo este cometido procederase á plantación de especies autóctonas de ribeira en substitución dos exemplares eliminados, se fose necesario.

Esta actuación, organizada por Adega (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia), enmárcase dentro do convenio que esta entidade asinou coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza para desenvolver un programa de Educación, Divulgación e Voluntariado Ambiental para a Conservación de Especies e Hábitats.

18 de setembro de 2015 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.