publicidade hoxe

Leis–Marcón impónse ao Barqueiro FS no cuadrangular de fútbol sala femenino de Cotobade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+

O pasado sábado tivo lugar un cuadrangular femenino de fútbol sala cos equipos Leis Marcón e Estrada Futsal ambos de categoría autonómica e O Barqueiro FS e o Tenorio FSF de categoría provincial. O pavillón de Tenorio presentou unha boa afluencia de público durante toda a tarde e puideron disfrutar do fútbol sala femenino de calidade a pesares do calor que apretou durante toda a tarde.

Na primeira semifinal entre o Tenorio FSF e O Barqueiro FS impúxose O Barqueiro FS a penaltis (3-2) logo de rematar o partido con empate a cero.

Na segunda semifinal que enfrontou a Leis Marcón e Estrada Futsal, tamén houbo empate a cero e decidiuse na tanda de penaltis a prol do Leis Marcón que anotou tres lanzamentos polos dous que anotou a Estrada Futsal.

O tercer e cuarto posto xogouse entre Tenorio FSF e Estrada Futsal, o Tenorio FSF foi quen de ganarlle a Estrada Futsal de categoría autonómica, o Estrada acusou o cansanzo do anterior partido e as locais souberon aproveitar a ocasión para ganar o partido por 5-1 e desplegar un xogo vistoso e atractivo.

A gran final tivo como protagonistas a Leis Marcón e Barqueiro FS. Repiteuse a tónica dos partidos anteriores, o partido rematou con empate a uns, e tivo que decidirse na tanda de penaltis, a sorte foi a parar ao Leis Marcón que se impuxo 3-2.

Destacar a anécdota da xornada, o Tenorio FSF, foi o único dos catro equipos que logrou gañar un partido e non puido facerse co título de campionas do Cuadrangular Concello de Cotobade, título que se lle resiste despois do ano pasado tamén quedar en tercer posto.

Agradecer a presencia do Concelleiro de Deportes Bruno Portela, que presenciou todos os partidos da tarde.

Máis actividades:

Para o venres 4 de setembro está prevista a final do XXIII Torneo de Verán de Fútbol Sala de Tenorio, que leva dende o pasado 17 de xullo celebrándose, un torneo histórico que xa é despois de 23 edicións un referente para o verán de Cotobade.

1 de setembro de 2015 | 10:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.