publicidade hoxe

Feijóo destaca o emprendemento e a innovación tecnolóxica para manter a boa saúde do rural galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPalas de Rei
A-
A+
Feijóo na vista ás novas instalacións da granxa Campomayor. Foto: C. Paz

Feijóo na vista ás novas instalacións da granxa Campomayor. Foto: C. Paz

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou a importancia do emprendemento e da innovación tecnolóxica para manter a boa saúde do rural galego. Como el mesmo dixo, “unha empresa potente no rural galego é unha empresa que contribúe a fixar a poboación nas nosas vilas e aldeas”.

Así o resaltou tras unha visita polas instalacións da granxa de ovos e derivados Campomayor, onde estivo acompañado polo secretario xeral de Medio Rural, Tomás Fernández-Couto. O mandatario galego louvou a valentía dos emprendedores que fan medrar a economía e son responsables do progreso e da innovación. Poñendo como exemplo esta granxa que comezou en 1940 con 300 galiñas e que hoxe é líder na produción de ovo con case medio millón, Feijóo remarcou a relevancia de crear valor engadido, un dos factores da creación de riqueza, xa que outro dos factores, o das materias primas, “témolo cuberto de sobra”.

O responsable do Goberno galego deixou testemuño da preocupación deste Goberno por acompañar e apoiar este tipo de iniciativas empresariais, que son unha parte importante da cadea de valor dos produtos do noso medio rural. A modo de exemplo tamén citou outros eidos con grandes posibilidades de negocio, coma o vitivinícola, o da pedra, o madeireiro e especialmente o lácteo.

Para concluír, o presidente galego afirmou que “unhas empresas fortes son o segredo para ter un medio rural dinámico e unha economía vigorosa” como o demostra que as vendas ao exterior da nosa Comunidade medrasen entre xaneiro e xullo un 54,2%, o que supón “un ano récord para as exportacións galegas”.

Diante destes datos, Feijóo mostrouse convencido de que estamos a dar pasos cara ao crecemento económico de Galicia e cara á consolidación deste rexurdimento económico que é cada vez máis evidente, rematou.

22 de setembro de 2015 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.