publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cores Tourís visitou a PO-233 en Carballedo na que comezará a renovación das beirarrúas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+
Cores Tourís na visita á parroquia de Carballedo

Cores Tourís na visita á parroquia de Carballedo

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, en compaña do alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, visitou esta mañá a parroquia de Carballedo onde, mañá martes, darán comezo as obras de renovación e mellora das beirarrúas da estrada PO-233 Ponte Bora-Carballedo.

Cores Tourís destacou que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas investirá nesta actuación 100.000 euros. “Ten un prazo de execución de tres meses, polo que podería estar rematada a finais deste ano”, engadiu o delegado territorial.

En concreto actuarase no tramo comprendido entre o punto quilométrico 12+240 e o 13. A renovación das beirarrúas faise necesaria polo deficiente estado de conservación que presentan, co pavimento en mal estado con lousas de formigón rotas ou moi deterioradas polo uso e zonas onde incluso carecen dalgunha loseta; ademais, presentan problemas de accesibilidade nalgúns vaos ou cruzamentos.

Con obxecto de solucionar estas carencias, demoleranse as beirarrúas existentes e executaranse novas beirarrúas e para cumprir as recomendacións vixentes de accesibilidade mellorarase o deseño das beirarrúas nas interseccións e executaranse vaos peonís e de acceso a garaxe con pendentes e materiais axeitados.

28 de setembro de 2015 | 12:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.